A xeoloxía

Cada vez que escoitamos a palabra xeoloxía o primeiro que nos vén á cabeza son os minerais e as rochas, AS PEDRAS! Qué horror! Qué aburrimento! Pero … tal como di José Sacristán cunha lousa na man que contén un fósil dunha planta na película “Un lugar en el mundo” Las piedras nos hablan, pero hay que conocer su idioma; nos cuentan historias, nos hablan de millones de años. As pedras, en realidade, son os mellores libros de Historia Natural que existen, abarcan 4.000 Ma, e son gratis!

Hai uns científicos tolos que din que os dinosaurios é probable que desapareceran hai 65 Ma polo impacto dun meteorito ou por unha erupción de proporcións descomunais; que os continentes estiveron unidos formado un só en varias ocasións, o último hai 300 Ma, Panxea; que a Terra sufriu – e sufrirá – centos de períodos glaciais e interglaciais; que parte dos terreos que hoxe forman a península Ibérica andiveron de “paseo” polo círculo polar Antártico hai uns 500 Ma; que hai 410 Ma Galicia non existía como tal, o basamento de rocha que daría lugar á súa creación estaba repartido en dous grandes continentes que na época formaban parte da terra: Laurasia, no norte, e Gondwana, no sur, e, no medio, o océano Reico. … Que a vida apareceu hai 3.800 Ma!

A que xa non son tan aburridas as rochas? Teñen miles de millóns de historias que contarnos, tantas como anos ten a Terra, só hai que saber lelas. Coa xeoloxía pódese. Imaxina, razoa, pensa, sinte a historia da Terra e da vida. Síguenos.

sábado, 31 de enero de 2015

Xeoloxía de Marte similar a do noso planeta

Unha imaxe captada o 30 de novembro de 2013 pola cámara estéreo de alta resolución da sonda europea Mars Express mostra unha rexión de Marte repleta de acantilados, fosas, faias, mesetas e volcáns, que, aínda que se trata dun planeta moi distinto ao noso, a súa xeoloxía pode resultarnos sorprendentemente familiar.

 A fotografía foi publicada por primeira vez o 13 de febreiro de 2014 nas páxinas do Centro Aeroespacial Alemán DLR e da Universidade Libro de Berlín ata que recentemente o colgou na súa web a Axencia Espacial Europea (ESA)

 As grietas e as faias que surcan esta imaxe forman parte de Claritas Rupes, unha rede de escarpados acantilados e desniveis de 950 km de lonxitude. Esta escarpadura pertence ao sistema xeoloxico de Claritas Fossae, unha sorprendente rede de fosas testónicas que se extende máis de 2.000 km.

 Pénsase que as faias, fracturas e grietas desta rexión formaronse polas tensións acumuladas na corteza do planeta tras a formación do Abultamento de Tharsis. Este abultamento, ubicado na rexión volcánica de tharsis, alcanza unha altura de 10 km no seu punto máis elevado. A súa violenta formación provocou que partes da codia marcián se agrietasen e desprazasen, dando lugar a un característico patrón de fosas tectónicas e de bloques elevados coñecidos como ''horsts''. Estas formacións aparecen xuntas siguindo un perfil de ''M'', na que a fosa forma o val central e os horts os dous picos laterais.

 Na Terra pódense encontrar patróns similares no Val do Rin Superior, entre Basilea (Suiza) e Karlsuhe (Alemania), ou no graben do Eger na República Checa, cerca das montañas de Ore. As fosas tectónicas máis famosas do noso planeta son o Val da Morte en California e o Mar Morto no val do río Xordán, e os mellores exemplos de horsts poderían ser o macizo dos Vosgos en Francia ou os Altos de Golán

1 comentario:

  1. Se vos fago un exame para distinguir relevos marcianos e terrestres levaríasvos unha gran sorpresa

    ResponderEliminar