A xeoloxía

Cada vez que escoitamos a palabra xeoloxía o primeiro que nos vén á cabeza son os minerais e as rochas, AS PEDRAS! Qué horror! Qué aburrimento! Pero … tal como di José Sacristán cunha lousa na man que contén un fósil dunha planta na película “Un lugar en el mundo” Las piedras nos hablan, pero hay que conocer su idioma; nos cuentan historias, nos hablan de millones de años. As pedras, en realidade, son os mellores libros de Historia Natural que existen, abarcan 4.000 Ma, e son gratis!

Hai uns científicos tolos que din que os dinosaurios é probable que desapareceran hai 65 Ma polo impacto dun meteorito ou por unha erupción de proporcións descomunais; que os continentes estiveron unidos formado un só en varias ocasións, o último hai 300 Ma, Panxea; que a Terra sufriu – e sufrirá – centos de períodos glaciais e interglaciais; que parte dos terreos que hoxe forman a península Ibérica andiveron de “paseo” polo círculo polar Antártico hai uns 500 Ma; que hai 410 Ma Galicia non existía como tal, o basamento de rocha que daría lugar á súa creación estaba repartido en dous grandes continentes que na época formaban parte da terra: Laurasia, no norte, e Gondwana, no sur, e, no medio, o océano Reico. … Que a vida apareceu hai 3.800 Ma!

A que xa non son tan aburridas as rochas? Teñen miles de millóns de historias que contarnos, tantas como anos ten a Terra, só hai que saber lelas. Coa xeoloxía pódese. Imaxina, razoa, pensa, sinte a historia da Terra e da vida. Síguenos.

domingo, 25 de enero de 2015

Montañas submariñas

Un grupo de investigadores formado polo equipo de David Sandwell e Enmanuel García do Instituto Scripps de Oceanográfica,Dietmar Muller da Universidade de Sidney,Walter Smith da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica, e Richard Francis da Axenxia Espacial Europea fixeron unha análise dun mapa moi detallado do mundo. Isto permitiulles examinar o relieve mariño, o cal se atopaba inexplorado xa que últimamente atopáronse novas montañas que ofrecen información sobre a formación dos continentes.
Os investigadores descubren que están relacionados cos terremotos, xa que estas montañas formaron antes volcáns activos o que explica que se atopen preto dos bordes de placas con actividade tectónica e zonas de subducción.

1 comentario:

  1. A medida que melloren os métodos de estudo, irán aparecendo novos detalles da Terra que descoñecemos aínda.

    ResponderEliminar