A xeoloxía

Cada vez que escoitamos a palabra xeoloxía o primeiro que nos vén á cabeza son os minerais e as rochas, AS PEDRAS! Qué horror! Qué aburrimento! Pero … tal como di José Sacristán cunha lousa na man que contén un fósil dunha planta na película “Un lugar en el mundo” Las piedras nos hablan, pero hay que conocer su idioma; nos cuentan historias, nos hablan de millones de años. As pedras, en realidade, son os mellores libros de Historia Natural que existen, abarcan 4.000 Ma, e son gratis!

Hai uns científicos tolos que din que os dinosaurios é probable que desapareceran hai 65 Ma polo impacto dun meteorito ou por unha erupción de proporcións descomunais; que os continentes estiveron unidos formado un só en varias ocasións, o último hai 300 Ma, Panxea; que a Terra sufriu – e sufrirá – centos de períodos glaciais e interglaciais; que parte dos terreos que hoxe forman a península Ibérica andiveron de “paseo” polo círculo polar Antártico hai uns 500 Ma; que hai 410 Ma Galicia non existía como tal, o basamento de rocha que daría lugar á súa creación estaba repartido en dous grandes continentes que na época formaban parte da terra: Laurasia, no norte, e Gondwana, no sur, e, no medio, o océano Reico. … Que a vida apareceu hai 3.800 Ma!

A que xa non son tan aburridas as rochas? Teñen miles de millóns de historias que contarnos, tantas como anos ten a Terra, só hai que saber lelas. Coa xeoloxía pódese. Imaxina, razoa, pensa, sinte a historia da Terra e da vida. Síguenos.

viernes, 16 de enero de 2015

Investigación das erupcións hawaianas

Tras a recentes erupcións do volcán hawaiano Kilahuea a Nasa decidiu enviar un robot co obxectivo de investigar as súas fisuras, a infomación servirá para saber como funcionan os macizos fora da terra.



Carolyn Parcheta e Aaron Parness, investigadores do Laboratorio de Propulsión Jet da NASA, desenvolveron un robot capaz de escalar os cráteres aos que os humanos non poden chegar. Parcheta é doutorada en robótica e traballou cun equipo do laboratorio para facer o robot VolcanoBot 2.

O Volcano Bot 1 xa foi enviado a un cráter dun volcán en Hawai, onde está recoñecendo o terreo para elaborar un mapa 3D del.Volcano Bot 2 acompañarao en marzo deste ano.


                           Volcano Bot 2

"Este proxecto ten como obxectivo axudar a que os modelos dos volcáns sexan máis realistas. Agora non sabemos exactamente como se producen as erupcións nos volcáns e os modelos son moi, moi simplificados", explica Carolyn Parcheta, unha das responsables do proxecto, quen asegura que a idea é chegar a usar este tipo de robots para estudar volcáns en planetas como Marte ou nos biosbardos.
Os primeiros resultados móstranse prometedores, segundo informou a propia NASA nun comunicado de prensa. Con todo, aínda presenta algúns fallos á hora de recrear ao 100% a súa contorna.




1 comentario: