A xeoloxía

Cada vez que escoitamos a palabra xeoloxía o primeiro que nos vén á cabeza son os minerais e as rochas, AS PEDRAS! Qué horror! Qué aburrimento! Pero … tal como di José Sacristán cunha lousa na man que contén un fósil dunha planta na película “Un lugar en el mundo” Las piedras nos hablan, pero hay que conocer su idioma; nos cuentan historias, nos hablan de millones de años. As pedras, en realidade, son os mellores libros de Historia Natural que existen, abarcan 4.000 Ma, e son gratis!

Hai uns científicos tolos que din que os dinosaurios é probable que desapareceran hai 65 Ma polo impacto dun meteorito ou por unha erupción de proporcións descomunais; que os continentes estiveron unidos formado un só en varias ocasións, o último hai 300 Ma, Panxea; que a Terra sufriu – e sufrirá – centos de períodos glaciais e interglaciais; que parte dos terreos que hoxe forman a península Ibérica andiveron de “paseo” polo círculo polar Antártico hai uns 500 Ma; que hai 410 Ma Galicia non existía como tal, o basamento de rocha que daría lugar á súa creación estaba repartido en dous grandes continentes que na época formaban parte da terra: Laurasia, no norte, e Gondwana, no sur, e, no medio, o océano Reico. … Que a vida apareceu hai 3.800 Ma!

A que xa non son tan aburridas as rochas? Teñen miles de millóns de historias que contarnos, tantas como anos ten a Terra, só hai que saber lelas. Coa xeoloxía pódese. Imaxina, razoa, pensa, sinte a historia da Terra e da vida. Síguenos.

lunes, 17 de noviembre de 2014

miércoles, 14 de mayo de 2014

A consecuencia do cambio climatico

A desaparición dos glaciares da Antártida é "irreversible".

A contracción dos glaciares na Antártida occidental hcruzou un umbral e é agora "irreversible" e "imparable", según afirmaron científicos que estudaron os datos recollidos durante catro décadas pola NASA.
 "Este estudo mostra que cruzamos un umbral crítico", afirmou Tom Wagner, científico do programa de criósfera na axencia espacial estadounidense, e añadeu que "no se sustenta en simulacros de computadora o modelos numéricos", senon que se apoia na "interpretación empírica de mais de 40 anos de observacions dende satélites da NASA". Eric Rignot, profesor de Ciencias do Sistema da Tierra da Universidade de California e glaciólogo da NASA, sosteu que "a observación deixa en evidencia un gran sector de retirada irreversible dos glaciares".
"O xeo descargase no océano e  incrementouse continuamente durante mais de 40 anos", añadeu Rignot, quen calculou a contracción  no caso do glaciar Smith nuns 35 kilómetros, a razón de dous kilómetros por ano.
A consecuencia desto pode ser catastrófica producida co aumento do nivel do mar.
Sridhar Anandakrishnan, profesor de xeociencias na Universidade estatal de Pensilvania, comentou que "o cambio que está ocprrendo é enorme". "Está claro que o desxeo do manto de xeo terá unha incidencia creciente no aumento do nivel do mar", señalou. "A situación na Antártida occidental -agregou- é particularmente mala, con unha retirada acelerada da liña de asentamento".

http://www.rtve.es/noticias/20140513/desaparicion-glaciares-antartida-irreversible/938640.shtml

Confirman as sospeitas.

Como xa saberedes moitos, dende septembro do ano pasado rexistráronse sismos no litoral de Castellón, que nun principio atribuíronse ao Proxecto Castor. Pois ben, o Instituto Xeográfico Nacional (IGT) acabou por demostrar que estos temblores teñen unha relación directa coa inxección de gas destinada a un almacenamiento subterráneo frente a estas costas. Pero ademáis descubriuse a existencia dunha falla na zona, que ata o de agora non estaba identificada e aseguraron que non se tivo en conta o impacto que este proxecto podería ter na zona.
 Segundo os datos do IGT dende 1920 ata o 1 de junio de 2013, o número de sismos nesta zona foi de 203, mentras que só en septembro de 2013 houbo uns 400, chegando incluso a os 4.2 na escala de Richter.
 Como vedes, é de grande importante facer un estudo xeolóxico e xeográfico da zona, antes de levar a cabo un proxecto destas caracteristicas xa que, as consecuencias, poden ser maiores das que imaxinamos.


lunes, 12 de mayo de 2014

A historia da terra

Tal como estudamos a historia do ser humano, coa Xeoloxía podemos coñecer a historía do noso planeta. De que está formado o chan que pisamos? Que pasou en Pompeya? Como actúa un glaciar sobre o relevo?
Para todas estas preguntas a Xeoloxía ten respostas, esas respostas poden  evitar moitas mortes provocadas por fenomenos naturais que son impredecibles.
Se tes curiosidadade a cerca da xeoloxía podes escollela de asignatura, ou se os teus anos de instituto xa pasaron, podes informarte na seguínte paxina de Facebook



viernes, 9 de mayo de 2014

Que non valía para nada dicían...



Aínda que non o pensedes, a xeoloxía non só se dedica a estudar as pedras nin a saber como estaba formada a Terra fai millóns de anos. Iso son só datos para valorar o estado do noso planeta no presente. A xeoloxía colabora con diferentes materias, é interesante saber que grazas ós estudos xeolóxicos dun lugar, un arquitecto pode saber cal é o sitio adecuado para construír unha casa. Do contrario, ocorren cousas como esta: situación de poboacións en valles de auga torrenciais, ou lugares con actividade sísmica moi forte, o que, se o arquitecto colaborase cun xeólogo, sabería que tería que usar unhas infraestruturas moi diferentes.
Tamén nos serve para ter a electricidade que usamos na nosa vida cotiá, para averiguar dunha forma moito máis precisa e analítica onde están os recursos que, de momento, utilizamos como fontes de enerxía: petróleo, gas natural, etc.
Como vedes, a xeoloxía é moito máis útil do que nos pensamos..todos sabemos que a miúdo lles poñemos etiquetas a moitas cousas e actividades que, cando nos interesamos e coñecemos nos fan cambiar de opinión..E iso foi o que nos pasou a todos este curso con esta asignatura.



E aquí vos deixo unha preciosa paisaxe xeolóxica...


martes, 6 de mayo de 2014

O máis bonito da xeoloxía

A maioría de vós pensaredes que a xeoloxía tan só se dedica a "estudar pedras". Pero, e a historia que todas elas teñen para contarnos? Son como libros abertos, tan só temos que fixarnos un chisco, se observamos con máis atención o que nos rodea poderemos atopar cousas tan bonitas como estas (igual non tanto, pero a profesora xa se encargará de amosárvolas):
Para ver máis pídello a Magaly ou entra nesta páxina:
 https://www.flickr.com/photos/banco_imagenes_geologicas/

lunes, 5 de mayo de 2014

viva a xeoloxia

clase amena e divertida, e non por eso menos didáctica. Este blog permitiranos coñecer mais afondo moitos aspectos da xeoloxía,

viernes, 2 de mayo de 2014

¿Por que é importante a xeoloxía?

A través da páxina de Antena3 noticias enterámonos da morte de polo menos duas mil cincocentas persoas e máis de setecentas evacuadas a causa de corrementos de terra en Afganistán. Sucesos deste tipo poderían evitarse perfectamente tendo uns coñecementos básicos de xeoloxía. Coñecementos como que non é conveniente construír nun lugar propenso sucesos como estos. Se algunha destas duas mil cincocentas persoas houbese sido informada das condicións xeolóxicas do lugar seguramente o pensaría un pouco máis antes de mercar unha vivenda alí.
Ademais de divertida, a xeoloxía parece ser moi útil. Déixovos o enlace e unha imaxe da noticia para que xulguedes vós mesmos: Noticia

Varias personas observan los destrozos causados en una carretera